O DÍA 9 DE MARZO VEU VISITARNOS A AVOA DE SIMÓN E XOEL. TEN CASE 100 ANOS E VIVE EN ROUPAR, XERMADE (LUGO). ATA HAI POUCO TEMPO FACÍA TODO O TRABALLO DO CAMPO E DA CASA. FIXÉMOSLLE MOITAS PREGUNTAS:
COMO SE DIVERTÍA CANDO ERA MOZA?
COMO SE DESPRAZABAN?
COMO VESTÍAN?
QUE COMÍAN?
DÍXONOS QUE SE DIVERTÍAN POUCO PORQUE HABÍA POUCA ROUPA, POUCA COMIDA, POUCOS CARTOS E... MOITO TRABALLO.
Primeiro visitamos a Casa Picasso, onde Picasso viviu na súa etapa coruñesa (Rúa Payo Gómez) e alí ensináronnos a debuxar unhas caras moi picassianas.
De volta, no cole, decidimos participar no concurso, así que puxémonos mans á obra. A nosa grande sorpresa foi cando nos chamaron para dicirnos que tiñamos un ACCÉSIT. A agraciada era Antía Cañizo Blanco.