CHARLA-COLOQUIO CON MAR GUERRA
Venres 12 de abril.
Esta mañá foi especial, pois no canto de dar “mates”, visitounos a nai de Javier. Claro que hoxe non viña en calidade de nai, senón como MAR GUERRA.
MAR con “m” de maga, de marabillosa, de morena e de muller, é a autora dun libro que estivemos lendo na clase durante o segundo trimestre.
O título deste libro é XENARO. Con el obtivo o Premio Merlin no ano 2008.
“Xenaro Conese Maiúsculo, séntese o garavanzo negro da familia polos seus apelidos, pero en realidade é un neno moi normaliño.
Non soporta as chanclas, os champiñóns, os caracois, as lombrigas…
Gústanlle os pasatempos, ler o xornal os domingos, o xadrez, a música…
Pero o que realmente lle encanta é facer de detective. Se ledes o libro veredes que resolveu un misterio el soíño… ou case, porque lle axudaron moito os seus amigos”.
Primeiro tivemos unha charla-coloquio moi familiar, pois coñecémela desde que empezamos en Infantil con 3 anos. Xa pasou tempo!! Tamén nos fixo unas brincadeiras.
Despois firmounos un libriño no que anteriormente resumiramos o primeiro capítulo de Xenaro e que ilustramos nós.
Ao final fixémoslle entrega dun pequeño agasallo en agradecemento polo tempo que nos adicou.
GRACIÑAS, MAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario