1º PREMIO DE POESÍA: "A MIÑA NAICIÑA"
ANDREA CHORÉN PLAZA |
A miña naiciña
quéreme de verdade,
loita xunto a min
con moita coraxe.
Unhas veces
rimos e xogamos.
Outras,
estudamos ou lemos.
Algunhas
veces tamén choramos,
pero sempre
nos entendemos.
A miña naiciña
quéreme de verdade.
Onte, hoxe, mañá
e ata a eternidade.
1º PREMIO CONTO
UNHA TRAXEDIA
ROMÁNTICA
Pensei
que sería boa idea facer unha viaxe coa miña familia a Alemaña para celebrar o
meu cumpreanos.
XABIER GÓMEZ ROMERO |
Aquel
día erguinme moi cedo porque non podía durmir.
Cando
xa se fixo de día espertei aos fillos e a miña muller.
Sentamos
a almorzar e, antes de rematar, deilles as pasaxes do avión.
Pensei
que toleaban de ledicia!
Ata
os rapaces colaboraron para facer as maletas, cousa moi, moi rara. Camiño do
aeroporto, chamaron aos seus amigos , logo puxéronse a cantar, contar chistes …
Cando
entramos no avión, os meus fillos quedaron alelados mirando o que explicaban as
azafatas de como poñer o salvavidas en caso de accidente.
A
continuación, despegou o avión rumbo a Alemaña.
Pero cando chegamos á zona dos Alpes, o avión empezou
a subir e baixar. Podía ser unha tormenta, unha avaría…
Pois
non, era o copiloto que se volvera tolo e decidiu estrelar o avión contra unha montaña.
Entón
pechamos os ollos e agarrámonos das mans porque soubemos que ía ser a última
vez que estaríamos xuntos e que todo se acababa alí en cuesión de segundos.
Logo
oímos un ruido atronador e cando abrimos os ollos de novo, espertamos nun mundo
marabilloso, moito máis interesante que aquí na Terra, onde todo era moi
fermoso.
Quedámonos sorprendidos
de ver que alí se necesitaban tan
poucas cousas para ser felices!
Chegábanos
con estar xuntos e tiñamos tempo para todo.
Así
remata a historia do que puido ser e non foi.
2º PREMIO CONTO: Marla e o mundo dos animais
Marla é una nena
de 8 anos. Un día, mentras durmía,
a súa nai baixou á tenda a comprar.
Cando a nena espertou, púxose a chorar porque
tiña moito medo de quedar soa.
Nese momento, un bonito paxariño pousouse na
ventá.
- E se me escapo?- preguntoulle Marla.
- Non me
pasará nada, verdade? –
volveu preguntar.
- Pío, pío – respondeulle o paxariño.
- Tomarei iso coma un si – dixo Marla,
mentras pechaba
a porta.
un canciño que lle agarrou a manga
da chaqueta e levouna
ata un prado,
lonxe do pobo.
- Benvida ao mundo dos animais –
dixo
o canciño.
- Guau, como mola! –
exclamou a nena.
Alí fixo moitos
amigos: coellos, esquíos, raposos…
que marchar – dixo de súpeto Marla.
- Oooooh! – berraron todos a un
tempo.
- Ao mellor miña nai déixame que
sexades as
miñas mascotas! – exclamou, para tranquilizalos.
- Ben! – dixeron todos os animais,
ao
mesmo tempo que a acompañaban
para preguntarlle á nai.
estaba moi preocupada e algo enfadada.
- Mamá, estes
son os meus
amiguiños, poden ser
as miñas mascotas?
- Nooooon… sen que antes
me deas una
aperta.
Grazas mamá.
-
Es a mellor nai do mundo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario