Ao longo do segundo trimestre deste curso traballamos o tema das "migracións", proposto polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) para concienciar aos máis cativos deste problema tan de actualidade.
Unha das propostas era falar tanto con xente que estivera na emigración coma a inmigrante.
No primeiro caso, na aula de 3º, tivemos a sorte de contar coa avoa dunha alumna e a partires desa visita fixemos un pequeno traballo titulado A viaxe de Pili.
En canto á inmigración poidemos contactar cunha asociación que atende inmigrantes, grazas a Marta.
A VIAXE DE PILI
Era o ano 1.963. Pili
era unha nena de 9 anos, que vivía feliz cos seus pais e a súa
irmá Helena. Un
día, a súa nai díxolles que tiñan que emigrar.
- Que é emigrar? – preguntaron as dúas nenas a un tempo.
- Pois quere dicir que temos que marchar de aquí para buscar unha vida mellor – contestoulles a nai.
- E a onde imos? – volveron preguntar as rapazas.
- Imos para Biarritz, tamén chamado o País Vasco-Francés – dixo a nai.
- Iso é moi lonxe? – preguntaron de novo Pili e Helena.
- Non. So temos que cruzar os Pirineos – respondeu a nai. Pero ainda teño que dicirvos outra cousa máis.
- Conta, conta – berraron moi contentas as dúas.
- Mirade, primeiro imos marchar voso pai e máis eu. Namentres, vós quedaredes cunha amiga nosa – explicoulles a nai moi triste.
- Pero nós queremos ir con vós – dixo Helena case chorando.
- Xa o sei, pero temos que buscar unha casa onde vivir e tamén unha escola para vós. Despois viremos buscarvos – dixo a nai.
Efectivamente,
ao pouco tempo a nai voltou buscar as nenas. Pili estaba moi emocionada pois
era a primeira vez que ía viaxar en tren.
Aos poucos días empezaron no novo cole.
Mentras na escola de A Coruña tiña só un libro e unha mestra, alí tiña moitos libros e varios profes. En cada pupitre había dúas nenas e tamén tiña un tinteiro. Contaba con televisión, laboratorio, cine.
Pero Pili non sabía falar francés. Entón a mestra púxolle ao seu carón unha nena que falaba algo de español.
Cando ían ao recreo, Pili e a súa irmá xuntábanse para falar entre elas, pero os mestres separábanas para que xogasen con outros nenos e así aprendesen o idioma máis axiña.
Un día, Pili enfermou e a súa nai levouna ao médico. Cando viñan de volta, parounas un policía e preguntoulle a nai por que non estaba a nena na escola. Entón a nai explicoullo.
Outro día, estaba a mestra falando dunha flor: “coquelicot”, pero Pili non a entendía. Daquela, a mestra tivo unha idea: mandoulle a unha nena que acompañara a Pili ao xardín para que lla mostrara: era unha amapola!
A Pili gustáballe moito a Xeografía, porque a mestra falaba dun tal Napoleón que cruzaba os Pirineos para pasar a España. Dende entón, tódalas noites soñaba con cruzar esas montañas para voltar a A Coruña pois alí era onde estaban as súas amigas.
Tamén botaba de menos as festas de Os Castros, o Entroido, o San Xoán, o Nadal…
No verán, cando viñan de vacacións estaban moi ledas, pero cando marchaban ían chorando todo o camino.

Cando Pili tiña dezaséis anos, seus pais decidiron voltar a España, pois
a felicidade das súas fillas tamén era importante.