O BIGOTE DE MIMÍ
Había unha vez un
neno que se chamaba Fiz.
A Fiz gustáballe
moito xogar con Pufi, o seu cadeliño.
Fiz vivía nunha
vila e tiña unha casa con xardín, onde había moitos ratos.
O pai de Fiz tivo
unha idea: mercar un gato para que cazara os ratos. Ao gato puxéronlle Mimí.
Era moi presumido. Tiña os ollos de cor verde, azul e marrón. Os seus bigotes
eran das mesmas cores. O seu cumpreanos sempre o celebraba tomando café,
champán e fumando un puro, aínda que dicía que fumar era malo para a saúde.
Un día, Fiz foi
co seu pai á barbería para que lle afeitara a barba. Ao chegar á casa convenceu
a Mimí para cortarlle o bigote e despois Mimí perdeu a facultade para cazar.
Entón os ratos
acordaron poñerlle un cartel no lombo que dicía:
Inútil gato Mimí:
xa non vales para nada.
Imos facer de ti
unha saborosa empanada.
Mimí estaba moi
triste e choraba todo o día. Fiz, arrepentido, colleu os bigotes de Mimí e
levoullos ao barbeiro, que tamén era un pouco bruxo. O barbeiro leu un conxuro
e, ao mesmo tempo, íalle pegando os bigotes.
Agora os bigotes
de Mimí tiñan as sete cores do arco da vella. Eran fermosísimos!
Cando chegaron á
casa, os ratos nada máis vían a Mimí caían mortos.
Despois Fiz
prantou unha roseira onde estaban agochados os ratos.
Que rosas tan bonitas,
nunca se viran outras así!
No hay comentarios:
Publicar un comentario