De “rapaz dos recados” a “cura”
Somos uns nenos de terceiro de Primaria que estudamos no colexio
Anxo da Garda. Vivimos moi preto da escola, no barrio dos Castros.
Nesta zona de A Coruña, hai anos había un negocio de ultramarinos. A dona da tenda, cando o seu fillo chegaba do “cole”, mandábao a facer algúns recados; por exemplo, levarlle aos clientes aceite, patacas, leite, froita…
Aquel neno tiña 12 ou 13 anos e chamábanlle Xaquín.
Cando rematou a escola, empezou a traballar como dependiente na sección de deportes de El Corte Inglés.
Sen embargo, a súa paixón é a fotografía, as motos e a interpretación.
E, por que contamos todo isto?
Porque actualmente é un actor moi coñecido e está a interpretar o papel de “cura” na famosa serie da Televisión de Galicia titulada Padre Casares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario