Os ratos tíñanlle moito medo, poi rato que se atrevía a entrar na casa, rato que acababa no seu bandullo. Cando xa estaba farto de papar ratos, pedíalle á nai de Fiz unhas galletas de chocolate e un café. Despois metíase debaixo do sofá e botaba unha boa sesta.
Fiz e Mimí fixéronse moi bos amigos e xogaban no xardín ao escondite, a policías e ladróns, …..
Mimí era un gato moi bonito; tiña uns ollos verdes, azuis e marróns e uns bigotes coas mesmas cores. Nunca tales cores se viran nos bigotes dun gato.
Pero tamén era moi fachendoso, pois pasaba moito tempo diante do espello arreglando os seus bigotes e ata se vestía de etiqueta cando había unha visita importante.
Un día, Fiz foi co seu pai á barbería e estivo moi atento ao que facía o barbeiro. Cando chegou á casa, chamou a Mimí e convenceuno de que debería cortar os bigotes porque o facían moi vello e moi feo.
Cando Mimí se mirou no espello, saíu fuxindo e foise agochar ao xardín; dáballe vergoña que o visen con aquela facha. Nese momento pasou un ratiño por alí, quixo collelo e fallou. Despois pasou outro, e outro, e outro, e varias ducias e varios centos, e non foi quen de cazar ningún. Non había dúbida: a facultade de cazar ratos estaba no seu bigote!
Entón chegou Fiz, acompañado de Pufi, e atopouno moi desconsolado.
Deseguido, colleu a Mimí en brazos, foi ao cuarto de baño, recolleu os pelos do bigote do gato e presentáronse na babería.
Rapidamente, o barbeiro colocoulle os pelos no bico a Mimí mentres dicía unhas palabras máxicas:
“Que se abra a pel do gato Mimí
e os pelos se lle espeten ahí.
Que o seu bigote sexa tan forte
que os ratos ao velo atopen a morte.”
Cando o babeiro rematou, os bigotes tiñan as sete cores do arco da vella!!
Moi ledo, Mimí saíu correndo deica á casa e entrou no xardín. Os ratos saían dos seus buratos moi confiados, pero nese intre … caían mortos redondos!
Foron tantos os ratos mortos que a Fiz tivo que axudarlle o seu pai a cavar un burato para enterralos. Logo plantaron unha roseira enriba da fosa.
Nunca se viron rosas tan fermosas!!!
MARTINA MENGSI GÓMEZ ROMERO
MARTINA MENGSI GÓMEZ ROMERO
No hay comentarios:
Publicar un comentario