domingo, 11 de mayo de 2014

A MULLER GALEGA - A MIÑA BISAVOA

A MIÑA BISAVOA


-        Como te chamas?
-        Elvira Vázquez Méndez.
-        En que traballabas de nova?
-        No campo e nunha fábrica de embutidos.
-        Como vos divertiades naquel tempo?
-        Xogabamos ao tulé pola tardiña, despois de vir do campo. No inverno íamos ao salón de baile e no verán, ás verbenas que había cando era feira.
-        Como foi a túa voda?
-        Caseime pola igrexa e pasámolo moi ben. A comida fixémola nunha horta que tiñan meus pais e consistía en: pan, queixo e biscoito.
-        Como se vestía?
-        Levábanse os vestidos estampados con vuelo, saias plisadas por debaixo da rodilla, chambras (blusas) e chaquetas.
-        Como vos peinabades?
-        Co pelo rizo ou con permanente. Tamén poñiamos un poostizo para levar un tupé.
-        Como vos desplazabades?
-        Case sempre a pé. Para vir á Coruña colliamos o tren ou o autobús.
-        Era moi difícil manter a casa?
-        Pois a casa era alugada e pagabamos 4 pesetas de renta. Había que traballar moito: faciamos a matanza e labrabamos as terras.
Tamén barutabamos a fariña de trigo no baruto e o millo na peneira; despois levabamos a fariña ao muíño e logo cociamos o pan na casa.
A min tocábame ir lavar a roupa ao río ás seis da mañá.
De todos os xeitos, podo dicir que nunca nos faltou de nada.

                                       SHEILA FRESNEDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario