domingo, 11 de mayo de 2014

ENTREVISTA Á MIÑA AVOA Mª LUISA


 

-        Que facías cando eras nova?

-        Traballaba no campo cuidando as vacas. Axudaba na sembra das patacas. Tamén sementabamos centeo, maínzo e trigo. Logo viña a recolleita e tamén a “malla”, que remataba cunha festa. Despois tiñamos que levar o gran ao muíño e por último, facer o pan no forno da casa.

-        Como te divertías naquel tempo?

-        Xogabamos á corda, ao tres en raia, á mariola… Outras diversións eran: ir os domingos á misa, os días de feira, as verbenas do verán…

-        Como foi a túa voda?

-        Pois moi ben, porque o pasei con toda a familia: comemos, bebemos e bailamos.

-        Como se vestía naquela época?

-        Cando saiamos a divertirnos poñiamos vestidos, saias, abrigos e zapatos; pero para traballar no campo usabamos botas de goma e zocas. 

-        Que peinado se levaba?

-        Levábase o pelo longo, cardado ou recollido nun moño.

-        Como vos desplazabades aos sitios?

-        Íamos andando, a cabalo, no coche de liña ou no tren.

-        Era moi difícil a vida daquela?

-        Si, porque había poucos cartos. Traballábase moito e gañábase pouco.

 

                                                                                                                Adrián López Espiñeira

No hay comentarios:

Publicar un comentario