Como todos os anos convocouse un concurso literario no que podían participar todo o alumnado nos seguintes apartados: conto, poesía e banda deseñada(cómic). Por suposto, tiñan que ser en galego.
Os rapaces de 3º presentaron moitos traballos e acadaron 4 premios:
Samantha
Helena
Daniela
Sabela T
A continuación podedes ver a entrega de premios e os traballos premiados.
|
Daniela, gañadora na categoría de Conto |
|
Na categoría Poesía a premiada foi Sabela |
|
Samantha e Helena reciben o premio en Banda deseñada |
|
SAMANTHA
HELENA
Estaba
acabando o verán e logo ía empezar o colexio.
Abril
tiña 8 anos. Era nova no “cole”, pois os seus pais acababan de mudarse de
cidade por motivos de traballo.
Estou un pouco nerviosa! – díxolle Abril a súa
nai na porta do colexio.
Tranquila, muller! Xa verás como vas facer
moitos amigos – animouna a nai.
Son as
nove da mañá e toca a serea para subir ás aulas.
Entón
decidiu sentarse e escoitar a ver que pasaba.
Uuuaaa! – exclamou o
mestre.
Non entendo nada – pensou Abril.
Riiiing!! – sonou o timbre.
Tocaba clase de Música.
Cando entrou viu a mestra de costas.
Esta parece normal – dixo Abril en voz baixa
para que non a oísen.
Oooola! – saudou mentres daba a volta.
Nevor – dixo en baixo Abril.
A
seguinte clase era Francés. Entrou pero non viu ningún mestre.
Oh! E a mestra! – pensou Abril.
Buuuu! – escoitou abrir a porta.
Que é iso? – preguntou moi asustada.
É unha pantasma! – díxolle unha compañeira.
Ah, vale! – dixo con voz máis tranquila.
Riiing! – sonou a serea, indicando que era a
hora de irse.
Abril
saiu horrorizada.
Cando
chegou á casa deitouse porque estaba superagotada de tantas e tan raras
experiencias que vivira.
Ao
final fóra un pesadelo.
DANIELA
O MEU AMIGO
Ti es o meu
amigo,
pero xa non
es un crío.
Non tes pel
de rato
e tampouco
es un gato.
E aínda que
foses malo
non che
convertiría en sapo,
porque es o
meu amigo
e sempre estarei
contigo.
SABELA TOUCEDO
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario