Programa “Eu Colaboro coa
Edar”
A Coruña,
26 de septiembre de 2016
Unha
educadora do programa didáctico ‘Eu colaboro coa EDAR‘ visitou o CEIP
Anxo da Garda para concienciar a un grupo de 52 alumnos de 3º
e 4º de Primaria sobre a importancia de facer un uso responsable
da auga e unha xestión eficiente dos residuos para colaborar na protección
do medio ambiente.
Os nenos e
nenas, de entre 8 e 10 años, tiveron a oportunidade de limpar
un litro de auga a través dun experimento no que recrearon a
pequena escala os diferentes pasos que segue a auga residual desde
que chega ás instalacións da depuradora ata que volve á natureza.
Os alumnos
do CEIP Anxo da Garda sumáronse ademáis á ‘Patrulla azul‘ de Edar
Bens SA, que ten encomendada un importante labor de
concienciación sobre a importancia de manter limpa a cidade e non tirar
lixo polo váter ou polo vertedoiro.
Dentro dese exercicio, os rapaces
crearon algúns lemas que farán chegar ás persoas da súa
contorna:
- “Hai que limpar os ríos e os montes”.
- “Se limpas a auga, podes ir á praia”.
- “Nunca tires toalliñas ao retrete”.
Como cerre da xornada, os alumnos
xogaron ao Trivial de Edar Bens SA, unha forma de asentar os
coñecementos adquiridos durante a mañán.
Ademais levaron como
agasallo unha camiseta e unha placa da ‘Patrulla Azul’.
Desde o programa ‘Eu colaboro
coa EDAR’ preténdese concienciar aos máis pequenos da necesidade
de protexer o medio ambiente.
Este programa estase levando a cabo
nos colexios dos concellos que participan na xestión da planta depuradora (A
Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros).
Os rapaces de 4º escoitan as explicacións da monitora de EDAR BENS
|
Agora toca a parte práctica |
No hay comentarios:
Publicar un comentario