viernes, 24 de febrero de 2012

O CICLO DA AUGA


A VIAXE  DA PINGUIÑA MARTA
Érase unha vez unha gotiña de auga que se chamaba Marta.
A Marta ocorréronlle un montón de aventuras.
Queredes que vos las conte?
Pois adiante:
Era verán. Marta estaba no mar coas súas amigas, pero como facía tanto calor, empezaron a subir, subir, ata chegaren as nubes.
Alí pasaron o resto do verán e todo o outono.

Chegou o inverno e con el, o frío. Non é de estranar que collesen un bo resfriado. Empezaron a espirrar e foron caendo unha tras outra. As primeiras caeron en forma de chuvia; outras, de neve.
Un día pola mañá, asomeime pola ventá do meu cuarto e atopei unha bóliña de saraiba: era Marta. Collina con moito agarimo e gardeina nun dedal que tiña miña avoa na caixa de coser. Deseguida, metín o dedal no conxelador e alí estivo ata que pasou o  resto do inverno e toda a primavera.
Logo, chegou o verán.
Cando me deron as vacacións na escola, pedinlle ao meu pai que me levara á praia de Oza. Preparei a toalla, o bañador, as chanclas…., ah!  e levei a Marta comigo.
Achegueime a auga e baleirei o dedal. Marta púxose a saltar e brincar en canto se atopou coas súas amigas. Elas contáronlle que caeran no parque de San Diego, logo foron parar a un sumidoiro e por último, chegaran ao mar.
Ese verán, fun tódolos días á praia para ver a Marta. Ela acodía axiña á beira da auga e chiscábame o ollo.
Cando empezou outra vez o “cole”, volvín unha tarde á praia para despedirme de Marta, pero xa non apareceu.
Ao mellor subiu de novo ás nubes!
Agora, estou desexando que chegue o inverno e que faga moito frío para que volva pousarse na miña ventá.
 Agárdote Marta.
                                                                                              MARÍA VARELA  


           

                                                  

No hay comentarios:

Publicar un comentario