Un día de febreiro, os meus compañeiros de 3º e máis eu, asistimos a unha obra de teatro no Fórum. O seu título era TROGLODITAS.
De repente, oímos moito barullo. Tres trogloditas entraron pola mesma porta que entraramos nós facía uns minutos. Ían vestidos cuns taparrabos e levaban a cara toda pintada. Empezaron a falar… Bueno, aquilo non era falar, menos mal que os entendíamos polos xestos que facían, por certo algún moi gracioso.
O primeiro que fixeron foi rezar diante dun dolme que facía de mesa e dicían: “vamo orá e vós a calá, non rir”. Daquela nós aínda nos riamos máis.
Vaia que a tiñan dura!
Outra cousa que me impresionou de verdade foi un “faquir” que atravesaba o seu corpo cun cacho de madeira.
Ao final, intentaron de novo facer lume, pero esta vez utilizaron unha especie de volcán; ao frotar os pauíños, o volcán entrou en erupción e saiu unha lingua de lume enorme. Menudo susto!
JAVIER FDEZ GUERRA (10/02/2012)
No hay comentarios:
Publicar un comentario