Lola era unha nena moi tímida.
Non lle gustaba nada ir xogar ao parque, pois asustábase moito ao ver tantos nenos.
Un día saiu dar un paseo cos seus amigos e de repente tiveron unha idea: “xogar no parque”. Lola empezou a chorar desconsoladamente.
Entón, a súa mellor amiga, Lali, díxolle que non se preocupara, que só ían cruzar o parque para acompañala a súa casa.
E así seguiron pasando por aquel parque varios días máis, ata que se foi acostumando.
Unha tarde, cando atravesaban polo parque, Lola pediulles aos seus amigos quedarse un pouquiño a xogar. Os seus amigos non o podían creer, estaban moi ledos, así que se puxeron a saltar e correr por todo o parque.
Lola non sabía a que xogar, pero enseguidiña lle ensinaron os seus amiguiños, pois como dicían eles: para que se queren os amigos?
Agora, a Lola xa lle gustan os parques!!!
IRIA REY