VIAXE A MARTE
Vou facer unha viaxe a Marte coa miña nai; non será unha viaxe moi longa, pero temos que prepararnos ben, pois alí vai moito frío.
Ola, son Paf, un habitante de Xúpiter.
Teño dous anos xúpitos.
Xa chegou a hora da viaxe. Estou tan impaciente!
- Coronel, vai todo ben?
- Si, todo moi ben. Só temos que despegar, así que imos contar cara atrás: 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, despegue!
- Xa estamos na viaxe, nai!
- Si, de contado chegamos, Paf!
- Pois si, é verdade, estamos moi preto.
- Mamá, mamá, xa vexo Marte!
- Tranquilo, Paf, non te poñas nervioso. Prepárate para baixar.
- Ti cres que haberá vida?
- Pois, non che sei, ao mellor…
- Olla! Detrás da rocha!
Efectivamente, detrás da rocha había un marciano amarelo; só tiña dous dedos en cada man.
O-la chá-mo-me It.
Te-ño cin-co a-nos mar-cia-nís.
Paf e máis It logo se fixeron moi amigos.
Unha noite, cando estaban observando o firmamento cos seus prismáticos, avistaron unha nave; cando se abriu, baixou un uraniano.
O-la chá-mo-me Rit
e teño un a-no u-ra-nil.
Rapidamente se entenderon os tres de marabilla e decidiron poñerlle a súa pandilla o nome de
PAF-IT-RIT.
Tamén aprenderon que, aínda que foran moi diferentes, o que importa é a amizade.
Espero que vos gustara a miña viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario