3º PREMIO DO CERTAME LITERARIO NA CATEGORÍA DE CONTOS
Era unha tarde de inverno.
Paula e Xoán estaban xogando ao Monopoly; a Xoán axudáballe súa nai, porque el aínda non sabía xogar.
- Paula, Xoán, mirade! – exclamou a mamá – Hai neve no xardín!
- Podemos saír xogar? – preguntou Paula.
- Claro, pero antes hai que abrigarse – respondeulles a mamá.
Paula e Xoán subiron ao seu cuarto para cambiarse de roupa.
- E as miñas luvas? – pregunta Xoán.
- Están coas miñas, Xoán – contestoulle súa irmá.
Despois, Paula saiu ao xardín.
- Que frío vai! – dixo Paula.
- Pero non ves que non puxeches o abrigo! – riuse Xoán.
Enseguidiña, os dous irmáns fixeron un boneco de neve. Que bonito lles quedou!
Nese momento, chegou o seu pai.
- Paula, Xoán, subídevos ao coche – berroulles o pai.
- Por que? – preguntáronlle os nenos.
- É unha sorpresa! – oiuse, de lonxe, a voz da nai.
Paula e Xoán estaban moi inquedos por ver a súa sorpresa.
- Vaia! – exclamou Paula moi contenta – Resulta que imos á miña cafetería preferida a tomar chocolate con churros.
- Que ben o pasamos! – dixo Xoán cando ían de volta para a casa.
- Mañá, podemos xogar outro pouquiño? – preguntou Paula.
- Non creo; mañá ao mellor xa non hai neve – contestou a nai.
- Pero… poderemos xogar outro día? – insistiu Paula.
- Si, Paula – respondeu a nai – e deixa de facer tantas preguntas.
Ao día seguinte non houbo neve, ao outro tampouco, nin outro…
Tiveron que esperar ao inverno seguinte.
DANIELA del VALLE
No hay comentarios:
Publicar un comentario