Érase unha vez unha nena chamada Alex. Vivía co seu irmán Ferb e coa súa nai Linda.
Alex e Ferb querían facer un picnic, pois acababa de entrar a primavera. Entón decidiron invitar aos seus amigos.
Claro que, primeiro pedíronlle permiso a súa nai.
- A quen queredes invitar? – preguntoulles súa nai.
- Eu quero invitar a Candace e Cece – dixo Alex.
- Pois eu quero invitar a Phineas e a Dino – pediu Ferb.
- Paréceme ben, pero tede moito coidado! – contestou a nai.
Ao día seguinte, cando Ferb e Alex chegaron ao “cole”, comentáronno cos seus amigos e todos empezaron a saltar de contentos que estaban, aínda que tiñan que contar co permiso dos seus pais.
Xa pola tarde, foron todos ao parque, acompañados das súas mamás.
- Si que nos deixan ir ao picnic! – berraron a un tempo os catro rapaces.
Esa fin de semana, despois de preparar unha boa merenda, marcharon ao campo… era o seu primeiro día no campo!
Cando remataron de merendar, empezaron a xogar á pita cega.
Xa case era de noite; os pais dos nenos viñeron buscalos, pero estábano pasando tan ben que lles pediron, case de xeonllos, se podían quedar durmir na casa de Alex e Ferb.
Aquela noite non durmiron case nada: fixeron a festa do pixama, escoitaron a súa música preferida, bailaron, contaron chistes…
Foi unha noite inesquecible!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario