domingo, 18 de noviembre de 2012

CHEGA O SAMAÍN



BEPO E A CABAZA






E
ste é un neno que se chama Roberto.

Cando era pequeño, súa nai levábao con ela ao mercado e ás veces preguntábanlle cal era o seu nome. Entón Roberto, que aínda non falaba ben, dicía: “Bepo”. Dende aquela todo o mundo o coñecía por ese nome.

Bepo era un neno alegre e agarimoso, pero era mal estudante. En Matemáticas se o mestre lle preguntaba: cantas son dúas máis tres? Bepo respondía o primeiro que lle viña á cabeza. En Xeografía o asunto non melloraba moito. En Historia pensaba que o rei de bastos era o monarca dun antigo reino chamado Bastos.

Cando tivo o primeiro exame, Bepo non acertou nin unha pregunta. Daquela, o mestre púxolle unas orellas de burro e deulle unha cabaza. Os seus pais enfadáronse moito co el. Primeiro pensaron en preparar unha crema de cabaza pero logo decidiron colocala nun andel na habitación de Bepo, para que a vise tódolos días e así recordase que tiña que estudar máis.



Pasaron unhas semanas e estaba chegando a festa do Samaín. Na súa escola organizaron un concurso de cabazas.

Bepo decidiu usar a cabaza que lle deran por suspender o exame. Colleu un coitelo e cortou un círculo arredor do rabiño para baleirala de pebidas, que unha vez secas as comía coma se fosen pipas de xirasol.

Logo recortou dous triángulos para os ollos, un triángulo para o nariz e por úlltomo fixo un corte en forma de serra para a boca. Aquilo resultou unha chapuza, pois o ollo esquerdo era máis grande que o dereito, o nariz víase torcido...

A cabaza cando se viu, díxolle a Bepo que non a levara ao concurso do colexio porque non quería que as demais a visen tan fea.

Pero pouco a pouco deixou de preocuparlle o seu aspecto externo e, aproveitando que estaba baleira, empezou a meter libros dentro e converteuse nunha cabaza moi culta.

  
Agora axudáballe a Bepo cos deberes e pola noite contáballe contos. Cando os contos eran de medo colocába unha candea acesa dentro e así o conto aínda daba máis medo.

Unha tarde, a cabaza díxolle a Bepo que enterrara unha pebida no xardín pois quería ter un fillo. Bepo fixo o que lle pediu a cabaza e ao pouco saiu un brote que medrou, medrou… e botou unha flor.


Desta flor naceu unha cabaciña con dous cortes en forma de triángulo a modo de ollos, outro corte tamén en forma de triángulo a modo de nariz e un corte en forma de serra a modo de boca.

Era unha cabaza tan bonita!

Bepo quedou pampo do ben feita que era e entón, tivo unha idea: “vouna levar ao concurso de cabazas do colexio”.

Cando o xurado viu a cabaza de Bepo deulle o primeiro premio e todos aplaudiron moito e berrábanlle: Bravo, Bravo, Bepo!

A nai da cabaza, que tamén asistiu, chorou de emoción. Chorou máis polo ollo esquerdo que polo dereito, porque Bepo fixéralle o ollo esquerdo máis grande que o dereito.


                                  
FIN
 

VISITAMOS O PLANETARIO: CONSTELACIÓNS, HORÓSCOPOS...
















                            
   


 

ASÍ VEMOS O OUTONO OS ALUMNOS DE 4º






    



domingo, 30 de septiembre de 2012

VISITA Á LAGOA DE SOBRADO E Á CASA DO MEL

LAGOA DE SOBRADO E CASA DO MEL

É o 20 de xuño, xa chegou o día tan esperado.
Todos tiñamos as nosas mochilas. Cada vez estábamos mais e mais nerviosos.
O autobús arranca e ao cabo dunha hora chegamos a Sobrado dos Monxes. Alì esperabanos Charo, a nosa guía, que nos levou camiñando ata a lagoa.
Polo camino foinos amosando varios tipos de árbores: carballos, bidueiros, salgueiros, castiñeiros, eucaliptos…
Ao chegar á lagoa vimos troitas, lavancos, estrozas… e moitos ambroíños de río.
Voltamos ao Mosteiro e xantamos á sombra dunhas árbores.
Pola tarde, achegámonos ao Museo do mel – Enredo do Abelleiro, onde nos explicaron, entre outras cousas, como se organizan as colmeas: raíña, obreras e zánganos.
Para rematar a visita, déronnos cera e fixemos varios tipos de candeas.
MOI INTERESANTE!!!

MARÍA E IRIA NO AUTOBÚS



AMBROÍÑOS DE RÍO
MOSTEIRO DE SOBRADO


O ENREDO DO ABELLEIRO


viernes, 15 de junio de 2012

OBRA DE TEATRO: FLORES NO XARDÍN

O día 18 de maio e aproveitando que estabamos na semana das Letras Galegas, os de 3º representamos unha obriña de teatro dirixida aos nenos de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria. 













I CERTAME LITERARIO "EMILIA Gª BARREIRO"

1º PREMIO NA CATEGORÍA DE CÓMIC: NOELIA FRANCO



2º PREMIO NA CATEGORÍA DE CÓMIC: ANDREA CASTAÑEDA



3º PREMIO NA CATEGORÍA DE CÓMIC: ANDREA CASTAÑEDA


viernes, 8 de junio de 2012

DESPEDIDA DE MARY



El pasado viernes 4 de junio despedimos a Mary, nuestra co-teacher, ya que va a pasar las vacaciones de verano con su familia a California (USA). Aunque seguramente volverá en Octubre, hemos querido hacerle un dibujo para agradecerle el tiempo que estuvo con nosotros.











Firmado por todos los alumnos de 3º




                                                                                                   
                                                                                                                                                        

 
 

LETRAS GALEGAS 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE: O MAR


     ANIRA ALBARELLOS     
                                                                                                                      
                    


FRAN DEVESA
MARÍA VARELA

                                                                                                              NOELIA FRANCO

domingo, 3 de junio de 2012

EL DEPOR ASCIENDE A PRIMERA

PANCARTA DE APOYO AL DEPOR

Nuestra clase hizo una pancarta para colgar en Riazor durante el partido que enfrentará al Depor con el Huesca; en caso de ganar será equipo de 1ª División la temporada que viene.

ÁNIMO DEPOR!!!





MARTÍN

sábado, 26 de mayo de 2012

A LOLA GÚSTALLE O PARQUE

Lola era unha nena moi tímida.
Non lle gustaba nada ir xogar ao parque, pois asustábase moito ao ver tantos nenos.
Un día saiu dar un paseo cos seus amigos e de repente tiveron unha idea: “xogar no parque”. Lola empezou a chorar desconsoladamente.
Entón, a súa mellor amiga, Lali, díxolle que non se preocupara, que só ían cruzar o parque para acompañala a súa casa.
E así seguiron pasando por aquel parque varios días máis, ata que se foi acostumando.
Unha tarde, cando atravesaban polo parque, Lola pediulles  aos seus amigos quedarse un pouquiño a xogar. Os seus amigos non o podían creer, estaban moi ledos, así que se puxeron a saltar e correr por todo o parque.
Lola non sabía a que xogar, pero enseguidiña lle ensinaron os seus amiguiños, pois como dicían eles: para que se queren os amigos?
Agora, a Lola xa lle gustan os parques!!!
                                                                                                   IRIA REY

UN DÍA NA NEVE

3º PREMIO DO CERTAME LITERARIO NA CATEGORÍA DE CONTOS

Era unha tarde de inverno.
Paula e Xoán estaban xogando ao Monopoly; a Xoán axudáballe súa nai, porque el aínda non sabía xogar.
-          Paula, Xoán, mirade! – exclamou a mamá – Hai neve no xardín!
-          Podemos saír xogar? – preguntou Paula.
-          Claro, pero antes hai que abrigarse – respondeulles a mamá.
Paula e Xoán subiron ao seu cuarto para cambiarse de roupa.
-          E as miñas luvas? – pregunta Xoán.
-          Están coas miñas, Xoán – contestoulle súa irmá.
Despois, Paula saiu ao xardín.
-          Que frío vai! – dixo Paula.
-          Pero non ves que non puxeches o abrigo! – riuse Xoán.
Enseguidiña, os dous irmáns fixeron un boneco de neve. Que bonito lles quedou!
Nese momento, chegou o seu pai.
-          Paula, Xoán, subídevos ao coche – berroulles o pai.
-          Por que? – preguntáronlle os nenos.
-          É unha sorpresa! – oiuse, de lonxe, a voz da nai.
Paula e Xoán estaban moi inquedos por ver a súa sorpresa.
-          Vaia! – exclamou Paula moi contenta – Resulta que imos á miña cafetería preferida a tomar chocolate con churros.
-          Que ben o pasamos! – dixo Xoán cando ían de volta para a casa.
-          Mañá, podemos xogar outro pouquiño? – preguntou Paula.
-          Non creo; mañá ao mellor xa non hai neve – contestou a nai.
-          Pero… poderemos xogar outro día? – insistiu Paula.
-          Si, Paula – respondeu a nai – e deixa de facer tantas preguntas.
Ao día seguinte non houbo neve, ao outro tampouco, nin outro…
Tiveron que esperar ao inverno seguinte. 


DANIELA del VALLE              

PRIMEIRO DÍA NO CAMPO



 Érase unha vez unha nena chamada Alex. Vivía co seu irmán Ferb e coa súa nai Linda.
Alex e Ferb querían facer un picnic, pois acababa de entrar a primavera. Entón decidiron invitar aos seus amigos.
Claro que, primeiro pedíronlle permiso a súa nai.
-         A quen queredes invitar? – preguntoulles súa nai.
-         Eu quero invitar a Candace e Cece – dixo Alex.
-         Pois eu quero invitar a Phineas e a Dino – pediu Ferb.
-         Paréceme ben, pero tede moito coidado! – contestou a nai.

Ao día seguinte, cando Ferb e Alex chegaron ao “cole”, comentáronno cos seus amigos e todos empezaron a saltar de contentos que estaban, aínda que tiñan que contar co permiso dos seus pais.
Xa pola tarde, foron todos ao parque, acompañados das súas mamás.
-         Si que nos deixan ir ao picnic! – berraron a un tempo os catro rapaces.
Esa fin de semana, despois de preparar unha boa merenda, marcharon ao campo… era o seu primeiro día no campo!

Cando remataron de merendar, empezaron a xogar á pita cega.
Xa case era de noite; os pais dos nenos viñeron buscalos, pero estábano pasando tan ben que lles pediron, case de xeonllos, se podían quedar durmir na casa de Alex e Ferb.
Aquela noite non durmiron case nada: fixeron a festa do pixama, escoitaron a súa música preferida, bailaron, contaron chistes…
                                        
                        Foi unha noite inesquecible!!!

domingo, 20 de mayo de 2012

I CERTAME LITERARIO "EMILIA GARCÍA BARREIRO"

A GAÑADORA DO PRIMEIRO PREMIO DE CONTOS DO 2º CICLO FOI MARÍA VARELA

VIAXE A MARTE



Vou facer unha viaxe a Marte coa miña nai; non será unha viaxe moi longa, pero temos que prepararnos ben, pois alí vai moito frío.

     
     Ola, son Paf, un habitante de Xúpiter.
      Teño dous anos xúpitos.






Xa chegou a hora da viaxe. Estou tan impaciente!
-   Coronel, vai todo ben?
-   Si, todo moi ben. Só temos que despegar, así que imos contar cara atrás: 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, despegue!
-   Xa estamos na viaxe, nai!
-   Si, de contado chegamos, Paf!
-   Pois si, é verdade, estamos moi preto.
-   Mamá, mamá, xa vexo Marte!
-   Tranquilo, Paf, non te poñas nervioso. Prepárate para baixar.
-   Ti cres que haberá vida?
-   Pois, non che sei, ao mellor…
-   Olla! Detrás da rocha!

Efectivamente, detrás da rocha había un marciano amarelo; só tiña dous dedos en cada man.



     
     O-la   chá-mo-me  It.                            
     Te-ño  cin-co  a-nos   mar-cia-nís.







Paf e máis It logo se fixeron moi amigos.

 
Unha noite, cando estaban observando o firmamento cos seus prismáticos, avistaron unha nave; cando se abriu, baixou un uraniano.



           O-la   chá-mo-me   Rit 
               e  teño   un  a-no   u-ra-nil.





Rapidamente se entenderon os tres de marabilla e decidiron poñerlle a súa pandilla o nome de
                             PAF-IT-RIT.

 





Tamén aprenderon que, aínda que foran moi diferentes, o que importa é a amizade.                                 

Espero que vos gustara a miña viaxe.