viernes, 24 de febrero de 2012

DECLARACIÓN UNIVERSAL DE LOS DERECHOS DEL NIÑO

20 DE NOVIEMBRE: DÍA UNIVERSAL DE LA INFANCIA

1.   Derecho a la igualdad, sin distinción de raza, religión   o nacionalidad.
     
2. Derecho a una protección especial para que puedan      crecer física, mental y socialmente sanos y libres.
                          
3.  Derecho a tener un nombre y una nacionalidad.
                       
4.  Derecho a una alimentación, vivienda y atención médica adecuadas.
         
5.   Derecho a educación y atenciones especiales para los niños física o mentalmente disminuidos.
                         
6.   Derecho a comprensión y amor por parte de las familias y de la sociedad.
              
7.   Derecho a una educación gratuita. Derecho a divertirse y jugar.
     
8.  Derecho a atención y ayuda preferentes en caso de peligro.
                   
9.  Derecho a ser protegido contra el abandono y la explotación en el trabajo.

 10.Derecho a recibir una educación que fomente la
        solidaridad, la amistad y la justicia entre el mundo.


Para ver más, pinchar aquí.

CARTA AOS REIS MAGOS

Ola, son Paulo, un neno de 8 anos e vouvos contar o que me pasou o ano pasado.
Faltaba pouco para que viñesen os Reis Magos. Soubeno porque risquei os días no calendario.
Así, chegou a noite máxica na que se ía realizar o meu soño marabilloso: a Noite de Reis.
Primeiro fun co meu pai ver a cabalgata. Diante de nós había un señor tan gordo e tan alto que tapaba toda a rúa como se fose unha muralla.
Papá colleume a carranchapernas , así vía moito mellor, pero apareciu María e non quixen que me atopase así, a cabaliño; eu non era un cativo.
-         Báixame, báixame! – pedinlle ao meu pai.
-         Queres mexar? – preguntoume.
-         Non, é que prefiro estar de pé – contesteille eu.
De repente a xente empezou a empuxar, as panxoliñas soaban cada vez máis preto.
Cando se achegaba Melchor, coa súa barba tan longa, berrei moi forte:
-         Melchor, aquííí, aquííí!
Saudoume coa man e sorriu, movendo a boca. Entendinlle o que me dixera!
-         Tranquilo, Paulo. Terás o teu scalextric!
Mirei cara ao outro lado e alí viña Gaspar. Botaba caramelos ó aire. Berreille, pero había tanto rebumbio que non me oiu; foi unha mágoa.
Pero aínda quedaba Baltasar, o Rei Negro!, o meu preferido. Pasou tan cerca… Ergueu do seu trono e saudoume.
Cheguei á casa tan excitado que non era quen de cear.
-         Polo menos bebe un pouco de leite – dixo papá.
Fun para o meu cuarto e metinme na cama. Non quería que me dese o sono. Necesitaba estar esperto cando viñeran: darlles apertas, bicos…
Ao día seguinte erguinme moi cedo.
Prendín a luz, sentei na cama e… alí estaba o regalo! Un paquete xigante envolto cun papel de osiños!  O meu scalextric!
Rachei o papel axiña. Apareceu unha mochila, un pantalón, un xersei e dous pares de calcetíns.
Apertei a boca e respirei con forza.
Á mamá e ao papá non lles dixen nada. A culpa non era deles!
Pecheime no meu cuarto. Non quería chorar e non chorei.
Púxenme a escribir, con toda a miña rabia, a carta máis longa da miña vida e enchina de riscos adrede.

Día dos Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar:
Xa non sodes Reis Magos nin nada. Non entendo cómo sodes tan malos e tan parvos. Nos comercios da miña rúa aínda quedan scalextrics. Fostes ben burros e xa non vos vou querer nunca.
Traballei moitísimo, fixen todas as tarefas da escola sen borranchóns gordos, recollín todos os días a mesa e sequei os pratos…
Sabedes unha cousa? Vou mexar por fóra do váter, vou tirar o leite polo vertedoiro…
E sabedes que máis? Nin sequera me parecedes guapos…
Melchor, tés a barba tan feas que se parece ás labras do meu lapis.
Gaspar, debes estar medio chosco, eu facíache sinais coas mans e ti botabas caramelos para o outro lado.
E ti Baltasar, es un porcallán; na cabalgata levabas a camisa toda manchada de negro.
Que pensades? Credes que se pasa ben obedecendo sempre? Pois non!
Eu só pedín unha cousa e non ma trouxestes.
Adeus Reis Parvos, xa non vos quero.                                  
                                                                                    Paulo
P.D.
Chupade! Papá acaba de ler esta carta e díxome que non me preocupe, que mañá vaime mercar o scalextric e ademais mamá e papá hanme contar un segredo.

O CICLO DA AUGA


A VIAXE  DA PINGUIÑA MARTA
Érase unha vez unha gotiña de auga que se chamaba Marta.
A Marta ocorréronlle un montón de aventuras.
Queredes que vos las conte?
Pois adiante:
Era verán. Marta estaba no mar coas súas amigas, pero como facía tanto calor, empezaron a subir, subir, ata chegaren as nubes.
Alí pasaron o resto do verán e todo o outono.

Chegou o inverno e con el, o frío. Non é de estranar que collesen un bo resfriado. Empezaron a espirrar e foron caendo unha tras outra. As primeiras caeron en forma de chuvia; outras, de neve.
Un día pola mañá, asomeime pola ventá do meu cuarto e atopei unha bóliña de saraiba: era Marta. Collina con moito agarimo e gardeina nun dedal que tiña miña avoa na caixa de coser. Deseguida, metín o dedal no conxelador e alí estivo ata que pasou o  resto do inverno e toda a primavera.
Logo, chegou o verán.
Cando me deron as vacacións na escola, pedinlle ao meu pai que me levara á praia de Oza. Preparei a toalla, o bañador, as chanclas…., ah!  e levei a Marta comigo.
Achegueime a auga e baleirei o dedal. Marta púxose a saltar e brincar en canto se atopou coas súas amigas. Elas contáronlle que caeran no parque de San Diego, logo foron parar a un sumidoiro e por último, chegaran ao mar.
Ese verán, fun tódolos días á praia para ver a Marta. Ela acodía axiña á beira da auga e chiscábame o ollo.
Cando empezou outra vez o “cole”, volvín unha tarde á praia para despedirme de Marta, pero xa non apareceu.
Ao mellor subiu de novo ás nubes!
Agora, estou desexando que chegue o inverno e que faga moito frío para que volva pousarse na miña ventá.
 Agárdote Marta.
                                                                                              MARÍA VARELA  


           

                                                  

lunes, 20 de febrero de 2012

OS TROGLODITAS


Un día de febreiro, os meus compañeiros de 3º e máis eu, asistimos a unha obra de teatro no Fórum. O seu título era TROGLODITAS.
Aínda que falamos dela na clase, eu presentía que non me ía gustar. Cando chegamos, fixéronnos esperar un pouquiño, pero logo abriron as portas e colocáronnos nos nosos sitios. Cando vin todo o que había no escenario, enseguida cambiei de idea: claro que me ía gustar!
De repente, oímos moito barullo. Tres trogloditas entraron pola mesma porta que entraramos nós facía uns minutos. Ían vestidos cuns taparrabos e levaban a cara toda pintada. Empezaron a falar… Bueno, aquilo non era falar, menos mal que os entendíamos polos xestos que facían, por certo algún moi gracioso.
O primeiro que fixeron foi rezar diante dun dolme que facía de mesa e  dicían: “vamo orá e vós a calá, non rir”. Daquela nós aínda nos riamos máis.

Despois probaron a facer lume; para iso, utilizaban unha especie de arco e frotábano con outro pao. Non houbo maneira, o lume non aparecía por ningures.
A continuación, empezaron a manexar uns monicreques moi simpáticos, que facían verdadeiros malabarismos… ata xogaron ao fútbol cun menhir xigante e dábanlle tanto cos pés como coa cabeza.
Vaia que a tiñan dura!

Outra cousa que me impresionou de verdade foi un “faquir” que atravesaba o seu corpo cun cacho de madeira.
Ao final, intentaron de novo facer lume, pero esta vez utilizaron unha especie de volcán; ao frotar os pauíños, o volcán entrou en erupción e saiu unha lingua de lume enorme. Menudo susto!
Para rematar, despedíronse cunhas cuantas reverencias e marcharon cantando.

Logo, acenderon as luces e marchamos encantados. Gustounos moito.                             
                                                                   JAVIER FDEZ GUERRA (10/02/2012)