jueves, 28 de julio de 2016

CONCURSO LITERARIO

Como todos os anos convocouse un concurso literario no que podían participar todo o alumnado nos seguintes apartados: conto, poesía e banda deseñada(cómic). Por suposto, tiñan que ser en galego.



Os rapaces de 3º presentaron moitos traballos e acadaron 4 premios:



  • Samantha
  • Helena
  • Daniela
  • Sabela T

A continuación podedes ver a entrega de premios e os traballos premiados.




Daniela, gañadora na categoría de Conto
Na categoría Poesía a premiada foi Sabela






Samantha e Helena reciben o premio en Banda deseñada










SAMANTHA






HELENA







O COLEXIO DO MEDO





Estaba acabando o verán e logo ía empezar o colexio.
Abril tiña 8 anos. Era nova no “cole”, pois os seus pais acababan de mudarse de cidade por motivos de traballo.

  • Estou un pouco nerviosa! – díxolle Abril a súa nai na porta do colexio.
  • Tranquila, muller! Xa verás como vas facer moitos amigos – animouna a nai.
Son as nove da mañá e toca a serea para subir ás aulas.
  • Aaaah! – berrou Abril cando veu o seu mestre – É un gorila!
Entón decidiu sentarse e escoitar a ver que pasaba.
  1. Uuuaaa! – exclamou o mestre.
  2. Non entendo nada – pensou Abril.
  3. Riiiing!! – sonou o timbre.
    Tocaba clase de Música.
    Cando entrou viu a mestra de costas.
  • Esta parece normal – dixo Abril en voz baixa para que non a oísen.
  • Oooola! – saudou mentres daba a volta.
  • Nevor – dixo en baixo Abril.                   
A seguinte clase era Francés. Entrou pero non viu ningún mestre.
  • Oh! E a mestra! – pensou Abril.
  • Buuuu! – escoitou abrir a porta.
  • Que é iso? – preguntou moi asustada.
  • É unha pantasma! – díxolle unha compañeira.
  • Ah, vale! – dixo con voz máis tranquila.
  • Riiing! – sonou a serea, indicando que era a hora de irse.
Abril saiu horrorizada.
Cando chegou á casa deitouse porque estaba superagotada de tantas e tan raras experiencias que vivira.
  • Abril, é hora de erguerse! Hoxe é o teu primeiro día de escola – espertouna súa nai.
Ao final fóra un pesadelo.
                                                                              DANIELA







O MEU AMIGO


                                               

Ti es o meu amigo,

pero xa non es un crío.

Non tes pel de rato

e tampouco es un gato.


 

 

 

 

 

 

 

 

E aínda que foses malo

non che convertiría en sapo,

porque es o meu amigo

e sempre estarei contigo.

SABELA TOUCEDO