viernes, 27 de abril de 2012

CASA DE LA PAZ

30 DE ENERO DÍA DE LA PAZ

 A HISTORIA DE SADAKO SASAKI



Fai case 70 anos, os americanos lanzaron unha BOMBA ATÓMICA sobre a cidade de Hiroyima (Xapón).
Morreu moita xente, pero ademáis os poucos sobrevivintes que se salvaron quedaron moi afectados polas RADIACIÓNS.
Sadako Sasaki tiña daquela un ano. Cando cumpriu os 11anos, estaba participando nunha carreira e mareouse. Dous meses despois, ía polo corredor e caeu ao chan.
Unha amiga, para animala, contoulle a tradición das 1.000 grulas de papel: “concederáselle un desexo a aquela persoa que consiga dobrar 1.000 grulas de papel como recompensa polo esforzo e a concentración…” A continuación fixo unha grula de origami e entregoulla: “Aquí está a túa primeira grula”.
Entón Sadako empezou a dobrar grulas unha detrás doutra para conseguir unha curación máxica.


Morreu un mes despois con 644 grulas darredor dela.
Os seus amigos decidiron acabar de dobrar as grulas que faltaban e volvelas pregar cada ano para lembrala.
Ademáis crearon un monumento de Sadako cunha grula, que se atopa no Parque da Paz de Hiroyima e onde se pode ler:
“¡Este é o noso BERRO,
Esta é a nosa PLEGARIA:
PAZ no mundo!”