sábado, 26 de mayo de 2012

A LOLA GÚSTALLE O PARQUE

Lola era unha nena moi tímida.
Non lle gustaba nada ir xogar ao parque, pois asustábase moito ao ver tantos nenos.
Un día saiu dar un paseo cos seus amigos e de repente tiveron unha idea: “xogar no parque”. Lola empezou a chorar desconsoladamente.
Entón, a súa mellor amiga, Lali, díxolle que non se preocupara, que só ían cruzar o parque para acompañala a súa casa.
E así seguiron pasando por aquel parque varios días máis, ata que se foi acostumando.
Unha tarde, cando atravesaban polo parque, Lola pediulles  aos seus amigos quedarse un pouquiño a xogar. Os seus amigos non o podían creer, estaban moi ledos, así que se puxeron a saltar e correr por todo o parque.
Lola non sabía a que xogar, pero enseguidiña lle ensinaron os seus amiguiños, pois como dicían eles: para que se queren os amigos?
Agora, a Lola xa lle gustan os parques!!!
                                                                                                   IRIA REY

UN DÍA NA NEVE

3º PREMIO DO CERTAME LITERARIO NA CATEGORÍA DE CONTOS

Era unha tarde de inverno.
Paula e Xoán estaban xogando ao Monopoly; a Xoán axudáballe súa nai, porque el aínda non sabía xogar.
-          Paula, Xoán, mirade! – exclamou a mamá – Hai neve no xardín!
-          Podemos saír xogar? – preguntou Paula.
-          Claro, pero antes hai que abrigarse – respondeulles a mamá.
Paula e Xoán subiron ao seu cuarto para cambiarse de roupa.
-          E as miñas luvas? – pregunta Xoán.
-          Están coas miñas, Xoán – contestoulle súa irmá.
Despois, Paula saiu ao xardín.
-          Que frío vai! – dixo Paula.
-          Pero non ves que non puxeches o abrigo! – riuse Xoán.
Enseguidiña, os dous irmáns fixeron un boneco de neve. Que bonito lles quedou!
Nese momento, chegou o seu pai.
-          Paula, Xoán, subídevos ao coche – berroulles o pai.
-          Por que? – preguntáronlle os nenos.
-          É unha sorpresa! – oiuse, de lonxe, a voz da nai.
Paula e Xoán estaban moi inquedos por ver a súa sorpresa.
-          Vaia! – exclamou Paula moi contenta – Resulta que imos á miña cafetería preferida a tomar chocolate con churros.
-          Que ben o pasamos! – dixo Xoán cando ían de volta para a casa.
-          Mañá, podemos xogar outro pouquiño? – preguntou Paula.
-          Non creo; mañá ao mellor xa non hai neve – contestou a nai.
-          Pero… poderemos xogar outro día? – insistiu Paula.
-          Si, Paula – respondeu a nai – e deixa de facer tantas preguntas.
Ao día seguinte non houbo neve, ao outro tampouco, nin outro…
Tiveron que esperar ao inverno seguinte. 


DANIELA del VALLE              

PRIMEIRO DÍA NO CAMPO



 Érase unha vez unha nena chamada Alex. Vivía co seu irmán Ferb e coa súa nai Linda.
Alex e Ferb querían facer un picnic, pois acababa de entrar a primavera. Entón decidiron invitar aos seus amigos.
Claro que, primeiro pedíronlle permiso a súa nai.
-         A quen queredes invitar? – preguntoulles súa nai.
-         Eu quero invitar a Candace e Cece – dixo Alex.
-         Pois eu quero invitar a Phineas e a Dino – pediu Ferb.
-         Paréceme ben, pero tede moito coidado! – contestou a nai.

Ao día seguinte, cando Ferb e Alex chegaron ao “cole”, comentáronno cos seus amigos e todos empezaron a saltar de contentos que estaban, aínda que tiñan que contar co permiso dos seus pais.
Xa pola tarde, foron todos ao parque, acompañados das súas mamás.
-         Si que nos deixan ir ao picnic! – berraron a un tempo os catro rapaces.
Esa fin de semana, despois de preparar unha boa merenda, marcharon ao campo… era o seu primeiro día no campo!

Cando remataron de merendar, empezaron a xogar á pita cega.
Xa case era de noite; os pais dos nenos viñeron buscalos, pero estábano pasando tan ben que lles pediron, case de xeonllos, se podían quedar durmir na casa de Alex e Ferb.
Aquela noite non durmiron case nada: fixeron a festa do pixama, escoitaron a súa música preferida, bailaron, contaron chistes…
                                        
                        Foi unha noite inesquecible!!!

domingo, 20 de mayo de 2012

I CERTAME LITERARIO "EMILIA GARCÍA BARREIRO"

A GAÑADORA DO PRIMEIRO PREMIO DE CONTOS DO 2º CICLO FOI MARÍA VARELA

VIAXE A MARTE



Vou facer unha viaxe a Marte coa miña nai; non será unha viaxe moi longa, pero temos que prepararnos ben, pois alí vai moito frío.

     
     Ola, son Paf, un habitante de Xúpiter.
      Teño dous anos xúpitos.






Xa chegou a hora da viaxe. Estou tan impaciente!
-   Coronel, vai todo ben?
-   Si, todo moi ben. Só temos que despegar, así que imos contar cara atrás: 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, despegue!
-   Xa estamos na viaxe, nai!
-   Si, de contado chegamos, Paf!
-   Pois si, é verdade, estamos moi preto.
-   Mamá, mamá, xa vexo Marte!
-   Tranquilo, Paf, non te poñas nervioso. Prepárate para baixar.
-   Ti cres que haberá vida?
-   Pois, non che sei, ao mellor…
-   Olla! Detrás da rocha!

Efectivamente, detrás da rocha había un marciano amarelo; só tiña dous dedos en cada man.



     
     O-la   chá-mo-me  It.                            
     Te-ño  cin-co  a-nos   mar-cia-nís.







Paf e máis It logo se fixeron moi amigos.

 
Unha noite, cando estaban observando o firmamento cos seus prismáticos, avistaron unha nave; cando se abriu, baixou un uraniano.



           O-la   chá-mo-me   Rit 
               e  teño   un  a-no   u-ra-nil.





Rapidamente se entenderon os tres de marabilla e decidiron poñerlle a súa pandilla o nome de
                             PAF-IT-RIT.

 





Tamén aprenderon que, aínda que foran moi diferentes, o que importa é a amizade.                                 

Espero que vos gustara a miña viaxe.