lunes, 23 de mayo de 2016

MIGRACIÓN

EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN


Ao longo do segundo trimestre deste curso traballamos o tema das "migracións", proposto polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) para concienciar aos máis cativos deste problema tan de actualidade.


Unha das propostas era falar tanto con xente que estivera na emigración coma a inmigrante.


No primeiro caso, na aula de 3º,  tivemos a sorte de contar coa avoa dunha alumna e a partires desa visita fixemos un pequeno traballo titulado A viaxe de Pili.


En canto á inmigración poidemos contactar cunha asociación que atende inmigrantes, grazas a Marta.


 

                          A VIAXE DE PILI



Era o ano 1.963. Pili era unha nena de 9 anos, que vivía feliz cos seus pais e a súa
irmá Helena. Un día, a súa nai díxolles que tiñan que emigrar.
  • Que é emigrar? – preguntaron as dúas nenas a un tempo.
  • Pois quere dicir que temos que marchar de aquí para buscar unha vida mellor – contestoulles a nai.
  • E a onde imos? – volveron preguntar as rapazas.
  • Imos para Biarritz, tamén  chamado o País Vasco-Francés – dixo a nai.
  • Iso é moi lonxe? – preguntaron de novo Pili e Helena.
  • Non. So temos que cruzar os Pirineos – respondeu a nai. Pero ainda teño que dicirvos outra cousa máis.
  • Conta, conta – berraron moi contentas as dúas.
  • Mirade, primeiro imos marchar voso pai e máis eu. Namentres, vós quedaredes cunha amiga nosa – explicoulles a nai moi triste.
  • Pero nós queremos ir con vós – dixo Helena case chorando.
  •  Xa o sei, pero temos que buscar unha casa onde vivir e tamén unha escola para vós. Despois viremos buscarvos – dixo a nai.                                              
Efectivamente, ao pouco tempo a nai voltou buscar as nenas. Pili estaba moi emocionada pois era a primeira vez que ía viaxar en tren. 
Aos poucos días empezaron no novo cole.                                                      


Mentras na escola de A Coruña tiña só un libro e unha mestra, alí tiña moitos libros e varios profes. En cada pupitre había dúas nenas e tamén tiña un tinteiro.  Contaba con televisión, laboratorio, cine.                                                            


Pero Pili non sabía falar francés. Entón a mestra púxolle ao seu carón unha nena que falaba algo de español.                                                                             
Cando ían ao recreo, Pili e a súa irmá xuntábanse para falar entre elas, pero os mestres separábanas para que xogasen con outros nenos e así aprendesen o idioma máis axiña.                                                                                                            


Un día, Pili enfermou e a súa nai levouna ao médico. Cando viñan de volta, parounas un policía e preguntoulle a nai por que non estaba a nena na escola. Entón a nai explicoullo.



Outro día, estaba a mestra falando dunha flor: “coquelicot”, pero Pili non a entendía. Daquela, a mestra tivo unha idea: mandoulle a unha nena que acompañara a Pili ao xardín para que lla mostrara: era unha amapola!                               


A Pili gustáballe moito a Xeografía, porque a mestra falaba dun tal Napoleón que cruzaba os Pirineos para pasar a España. Dende entón, tódalas noites soñaba con cruzar esas montañas para voltar a A Coruña pois alí era onde estaban as súas amigas.
Tamén botaba de menos as festas de Os Castros, o Entroido, o San Xoán, o Nadal…                                                                                                             
No verán, cando viñan de vacacións estaban moi ledas, pero cando marchaban ían chorando todo o camino.

Cando Pili tiña dezaséis anos, seus pais decidiron voltar a España, pois a felicidade das súas fillas tamén era importante.















































sábado, 21 de mayo de 2016

TEATRO


SUEÑOS DE ARENA

LUGAR: FÓRUM METROPOLITANO

FECHA: 11 DE ABRIL DE 2016

 

Sueños de arena nos cuenta la historia de un niño que le gustaba mucho el circo.

Una vez estaba en el parque, subido a un columpio que colgaba de un árbol y conoció a una niña.

Unos años más tarde se enamoraron y se casaron. Luego se fueron de viaje de novios por varios lugares del mundo y visitaron muchos monumentos: París (Torre Eiffel), Italia (Torre de Pisa), Grecia (Partenón de Atenas), Japón (Pagodas). Por último llegaron a A Coruña (Torre de Hércules).

Cuando ya se hicieron mayores, visitaron el árbol donde se habían conocido y… cuál sería su sorpresa.

¡El columpio seguía allí!

 

PD: ¡Ah! Fuimos y volvimos andando desde el “cole” hasta el Fórum. Nos lo pasamos genial.

             Alumnos de 3º de EP del CEIP Anxo da Garda
ÁLEX

CRISTINA

NAHIARA


PABLO

SABELA PÉREZ

SABELA TOUCEDO


XABIER


MANUEL MARÍA - LETRAS GALEGAS 2016



O BIGOTE DE MIMÍ


 
Había unha vez un neno que se chamaba Fiz.


A Fiz gustáballe moito xogar con Pufi, o seu cadeliño.


Fiz vivía nunha vila e tiña unha casa con xardín, onde había moitos ratos.


O pai de Fiz tivo unha idea: mercar un gato para que cazara os ratos. Ao gato puxéronlle Mimí. Era moi presumido. Tiña os ollos de cor verde, azul e marrón. Os seus bigotes eran das mesmas cores. O seu cumpreanos sempre o celebraba tomando café, champán e fumando un puro, aínda que dicía que fumar era malo para a saúde.


Un día, Fiz foi co seu pai á barbería para que lle afeitara a barba. Ao chegar á casa convenceu a Mimí para cortarlle o bigote e despois Mimí perdeu a facultade para cazar.


Entón os ratos acordaron poñerlle un cartel no lombo que dicía:


                  Inútil gato Mimí:

                  xa non vales para nada.

                  Imos facer de ti

                  unha saborosa empanada.


Mimí estaba moi triste e choraba todo o día. Fiz, arrepentido, colleu os bigotes de Mimí e levoullos ao barbeiro, que tamén era un pouco bruxo. O barbeiro leu un conxuro e, ao mesmo tempo, íalle pegando os bigotes.


Agora os bigotes de Mimí tiñan as sete cores do arco da vella. Eran fermosísimos!


Cando chegaron á casa, os ratos nada máis vían a Mimí caían mortos.


Despois Fiz prantou unha roseira onde estaban agochados os ratos.

Que rosas tan bonitas, nunca se viran outras así!


Ao final, o pai celebroulle unha festa ao gato Mimí.
ALMA

CANDELA


CARLA

DANIELA

ELISA


HELENA




NOA

RUBÉN

SABELA PÉREZ

SAMANTHA

SOFÍA

VERÓNICA








DIBUJOS PARA LOS NIÑOS REFUGIADOS DE LESBOS

ELISA

ELISA


HELENA

HUGO





NAHIARA




                                                   PABLO

RUBÉN

RUBÉN

SABELA MARTÍN


                                     SABELA TOUCEDO

SABELA TOUCEDO

SAMANTHA

SAMANTHA


SOFÍA

SOFÍA



VALENTINA

VERÓNICA

XABIER


CARLA