domingo, 26 de marzo de 2017

EDAR BENS S.A.

Programa “Eu Colaboro coa Edar”


A Coruña, 26 de septiembre de 2016



    Unha educadora do programa didáctico ‘Eu colaboro coa EDAR‘ visitou o CEIP Anxo da Garda para concienciar a un grupo de 52 alumnos de 3º e 4º de Primaria sobre a importancia de facer un uso responsable da auga e unha xestión eficiente dos residuos para colaborar na protección do medio ambiente.

  Os nenos e nenas, de entre 8 e 10 años, tiveron a oportunidade de limpar un litro de auga a través dun experimento no que recrearon a pequena escala os diferentes pasos que segue a auga residual desde que chega ás instalacións da depuradora ata que volve á natureza.

    Os alumnos do CEIP Anxo da Garda sumáronse ademáis á ‘Patrulla azul‘ de Edar Bens SA, que ten encomendada un importante labor de concienciación sobre a importancia de manter limpa a cidade e non tirar lixo polo váter ou polo vertedoiro.

    Dentro dese exercicio, os rapaces crearon algúns lemas que farán chegar ás persoas da súa contorna

  •  “Hai que limpar os ríos e os montes”.
  • “Se limpas a auga, podes ir á praia”.
  • “Nunca tires toalliñas ao retrete”.

    Como cerre da xornada, os alumnos xogaron ao Trivial de Edar Bens SA, unha forma de asentar os coñecementos adquiridos durante a mañán.

Ademais levaron como agasallo unha camiseta e unha placa da ‘Patrulla Azul’.

    Desde o programa ‘Eu colaboro coa EDAR’ preténdese concienciar aos máis pequenos da necesidade de protexer o medio ambiente.
 

    Este programa estase levando a cabo nos colexios dos concellos que participan na xestión da planta depuradora (A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros).


Os rapaces de 4º escoitan as explicacións da monitora de EDAR BENS



Agora toca a parte práctica












No hay comentarios:

Publicar un comentario